Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

quarta-feira, 13 de julho de 2011

Adiante o Soberanismo: Día da Patria 2011


Programación:

- Dia 23 (Sabado):  Desenvolverase na praza da Oliveira desde as 16.30 horas dúas mesas de debate abertas á participación. Na primeira delas, activistas de diversos centros sociais da Galiza dialogarán arredor das súas experiencias neste modelo de auto-organización. Logo, miltantes da esquerda doutros países analizarán o contexto internacional, con especial atención posta na situación nos países árabes.

- Dia 25 (Luns): A manifestación nacional convocada polo organismo soberanista arrancará ás 12:30 horas da Alameda de Compostela, e rematará nun acto político na Praza do Toral, cunha arenga e a leitura do manifesto elaborado para a campaña. Xa desde o mediodía celebrarase no Parque de Fermín Bouza Brei unha Romaría Popular, que contará ao longo da tarde con dúas sesións de discusión sobre política municipal. Na primeira delas, representantes de candidaturas soberanistas apresentadas nos concellos galegos nas pasadas eleccións municipais, porán en común as expectativas abertas desde ese momento. A posteriori, o debate trasladarase ás experiencias en política municipal noutras nacións no estado español, coa presenza das Candidatures d'Unitat Popular (CUP) e máis da Esquerda Abertzale. Nesta mesma xornada, haberá outras actividades ao longo da tarde como a presentación do libro 'Um dia na minha vida' de Bobby Sands e traducido por Patricia A. Janeiro ou 'A revolución dos camaleóns', do escritor comunista cubano Eddy E. Jiménez