Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

quarta-feira, 27 de junho de 2012

Programación para as Festas de Boiro 2012



Programa das festas de Boiro 2012: Por unhas festas galegas e populares!

Venres 29: Pasa-rúas de Tabernas desde ás 22h na porta da Praza de Abastos: coa CHARANGA ATURUXO!

Sábado 30: Festa con BIGOTE MIX (Hevi Malandrómeda!)

Domingo 1: Cea + Concerto  THE LAKAZÁNS

Lúns 2: Día das Peñas: quedamos ás 11hh en Aturuxo, e imos tod@s xunt@s para a Praza de Galiza.

Martes 3: Curota Sound: apoiemos ás bandas locais!

Mércores 4: Gran festa-concerto con OS DA RÍA

quarta-feira, 20 de junho de 2012

Sardinhada no L.S Aturuxo



A próxima sexta-feira dia 22 de junho, o L.S Aturuxo organiza unha sardinhada amenizada con música galega. A festa dará começo às 21:00, à que tod@s estades invitados. Se queres degustar as melhores sardinhas da ria e dar-lhe a bem-vida ao verao passate polo local social e desfruta.




Mil primaveras máis para o L.S Aturuxo!


O L.S Aturuxo está atravesando unha etapa difícil. Desde fai uns meses vimos arrastrando unha situación económica bastante delicada, agrabada pola actuación da Guardia Civil e da Policia Local no noso 4º Aniversario. O Aturuxo caracterizouse dende o inicio da súa actividade por ser un local autoxestionado, formula que deu o seus froitos. A día de hoxe non temos que rendir contas a ninguén.  Mais a xestión de un local social non é sempre doada, hai que facerse cargo de innumerábeis gastos. Coa irrupción no noso aniversario das ‘’forzas de seguridade’’ o local social tivo que parar a súa actividade na noite do sabado, supoñendo isto importantes perdas para o local, a maiores de algunha que outra multa.
Por se esto non fose suficiente, todo o tempo que levamos intentando que a burocracia aloxada no Concello de Boiro non consiga o seu obxectivo de pechar o local social, tamén nos pasou unha grave factura nas finanzas do Aturuxo. O local social non puido traballar con normalidade e esto provocou un desaxuste grave nas contas do colectivo. 

quinta-feira, 14 de junho de 2012

Festas de Boiro 2012: Por unhas festas galegas e populares



Outro ano máis o L.S Aturuxo quere reivindicar unhas festas galegas e populares. Cremos que é preciso, máis que nunca, a necesidade dunhas festas realmente populares, onde a participación da veciñanza sexa un eixo fundamental e deixen de ser simples espectadores. Reivindicamos tamén que as festas sexan en galego, que a nosa música e cultura estén presentes e que sexan outra das protagonistas. Non se poden entender unhas festas populares sen estos dous elementos: a participación veciñal e a prensenza dos elementos culturais que nos definen como pobo,  porque na festa tamén se fai Pais.

domingo, 10 de junho de 2012

O C.S A Revolta sofre um ataque fascista


A assembleia de soci@s do L.S Aturuxo queremos expressar a nossa mais enérgica repulsa e a nossa solidariedade ante o ataque sofrido a passada madrugada ao C.S A Revolta do Berbês, situado no casco velho vigués, por parte de elementos da extrema-direita. Os fascistas rompérom a janela e deitárom líquido inflamável ao interior, prendendo-lhe lume e provocando um incêndio, que foi sufocado graças aos vizinhos, que alertárom a tempo do perigo.