Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

quinta-feira, 2 de agosto de 2012

Roteiro polo río Beluso



venres día 17 de agosto o L.S Aturuxo organiza un Roteiro polas ribeiras do río Beluso, a saída terá lugar dende o local ás 10:00 da mañán, cunha duración aproximada de 4 horas e de dificultade moderada-baixa.

Durante o percurso do roteiro limparemos aquelas zonas do río que o precisen (levaremos material para  limpeza) e aproveitaremos para marcar e limpar os tramos do roteiro que precisen sinalización ou limpeza. Con este roteiro a comisión de medio ambiente ponse en andamento, no que será a súa primeira acción de denuncia, preservación e promoción dun espazo natural no noso concello e comarca.