Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

segunda-feira, 29 de outubro de 2012

DIA DE DEFUNTOS NO ATURUXO




O próximo venres 2 de novembro o L.S Aturuxo organiza o seu particular Dia de Defuntos ou Samaín a partir das 21:00. O Samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

domingo, 14 de outubro de 2012

Roteiro pola serra do Barbanza: Vitres



O sabado día 27 de outubro o L.S Aturuxo organiza un Roteiro pola serra do Barbanza, ata o Castelo de Vitres, perto da aldea de Mosquete, a saída terá lugar dende o local ás 10:00 da mañán, cunha duración aproximada de 4 horas e de dificultade moderada.

Este é o segundo roteiro que organiza a comisión de medio ambiente, o que supón a continuación de accións de denuncia, preservación e promoción de espazos naturais do noso concello e comarca.