Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

terça-feira, 29 de outubro de 2013

Noite de Defuntos no LS Aturuxo


A próxima sexta-feira (venres) 1 de novembro o L.S Aturuxo organiza a sua particular Noite de Defuntos ou Samaín a partir das 21:00. O Samaín foi habitualmente descrita como umha comunhom com os espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, teriam autorizaçom para caminhar entre os vivos. Abriam-se as portas entre este mundo e o além, dando-lhe à gente a possibilidade de reunir-se com os seus antepassados mortos.

segunda-feira, 30 de setembro de 2013

Actividades para o mes de outubro




Roteiro micolóxico, sábado 26 de outubro:

Saímos  ás 10:30 do local ata a localización escollida, a difilcutade do terreo é baixa, ainda así é preferíbel levar o calzado e a roupa axeitada para o monte ou montaña (abaixo recomendacións). Precisaremos dunha navalla e dunha cesta (se é posíbel).

A degustación e o prezo da mesma vai depender dos cogumelos que apanhemos.

quinta-feira, 20 de junho de 2013

Festas de Boiro 2013!


   

Outro ano mais o L.S Aturuxo quer reivindicar umhas festas galegas e populares. Cremos que é preciso, mais que nunca, a necessidade dumhas festas realmente populares, onde a participaçom da vizinhança seja um eixo fundamental e deixem de ser simples espectadores. Reivindicamos também que as festas sejam em galego, que a nossa música e cultura estivessem presentes e que sejam outra das protagonistas. Nom se podem entender umhas festas populares sem estes dous elementos: a participaçom da vizinhança e a presença dos elementos culturais que nos definem como povo,  porque na festa também se fai Pais.

quarta-feira, 19 de junho de 2013

Sardinhada e música galega


A próxima sexta-feira dia 21 de junho, o L.S Aturuxo organiza umha sardinhada amenizada com música galega. A festa dará começo às 21:00, à que tod@s estades invitados. Se queres degustar as melhores sardinhas da ria e dar-lhe a bem-vida ao verao passa-te polo local social e desfruta.

terça-feira, 11 de junho de 2013

Palestra informativa e ceia solidaria


O L.S Aturuxo soma-se às onze comarcas que em todo o pais  já celebrarom assembleias informativas abertas  para informar do juízo, que o próximo 24 de junho começa na Audiência Nacional, contra quatro militantes independentistas, Maria Osório, Antom Santos, Eduardo Vigo e Roberto Rodrigues.

- Às 20:00: Palestra informativa sobre a criminalizaçom do independentismo e o juízo do 24 e 25 de junho a quatro independentistas na Audiência Nacional.

- Às 22:00 ceia solidária

A nossa solidariedade e imparável!

quinta-feira, 9 de maio de 2013

Día das Letras Galegas no LS Aturuxo


Letras Galegas no Local Social Aturuxo
Obradoiro de poesía,recital, teatro, proxeccións...
17 de maio a partir das 19:00

Noite de documentários


Noite de documentários no Aturuxo, sexta-feira 10 de maio às 21:30.

A ilha das flores, Jorge Furtado (Brasil 1989 13’ VO)
 

A doutrina do choque, M. Whitercross e M. Winterbottom (England 2009 80’ VOSG)

domingo, 10 de março de 2013

V Aniversario: 5 anos abaixo e á esquerda



V Aniversario: 5 anos abaixo e á esquerda


Escoitaron? É o son do seu mundo desmoronándose.
É o son do noso rexurdindo.

Subcomandante Marcos, EZLN
          



Moitas cousas mudaron dende que o Local Social Aturuxo abreu a súas portas, alá polo ano 2008. Fai cinco anos comezamos unha carreira de fondo, a xestión dun espazo onde a cultura galega fose o eixo principal. A súa defensa, divulgación e normalización non son tarefa doada cando todo o que nos rodea está sometido a un marco legal e simbólico  feito polos de arriba e para os de arriba. Para eles a nosa identidade e cultura e prescindíbel, molesta.

Nós, @s de abaixo é a esquerda, abrimos un espazo autoxestionado porque criamos da súa necesidade, cinco anos despois reafirmámonos. Intervir, construindo -paso a paso- os piares dunha Galiza digna, orgullosa de si mesma e independente.

Precisamos alternativas que nos permitan avanzar cara un horizonte de liberdade e xustiza, por iso seguiremos xestionando un espazo libre, para tod@s nós. Un espazo que nos permita expresarnos libremente e criar cultura popular -tan importante- para Boiro, a nosa comarca e o país.

Queremos festexar este V Aniversario con tod@s vós -como o viñemos facendo todos estos anos- porque sodes unha parte fundamental deste proxecto. Tamén queremos invitarvos a participar activamente no LS Aturuxo, as portas están abertas. Son tempos difíciles, mais de loita e esperanza.

Viva a cultura galega!
 
Viva a o LS Aturuxo!
 
10,100, 1000 centros sociais!

sábado, 2 de fevereiro de 2013

Entroido no LS Aturuxo


O sabado 9 de febreiro a partir das 22:30 ,no LS Aturuxo, dará comezo a gran Festa Choqueira do entroido  2013. Teremos varias sorpresas ao longo da noite e para @ mellor choqueir@ un lote de material do Aturuxo.

Por unhas festas galegas e populares!
Viva o entroido!