O mércores día 4 de xaneiro o L.S organiza o Roteiro Arqueolóxico pola Serra do Barbanza, a saída terá lugar dende o local ás 9:30 da mañán, cunha duración aproximada de 5 horas e de dificultade moderada.
Local Social Aturuxo
- Aturuxo
- Barbança, Galiza
- A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.
domingo, 25 de dezembro de 2011
segunda-feira, 12 de dezembro de 2011
Mostra de Curtametraxes
A mostra comezará o xoves 29 de Decembro e continuará o venres 30 a partir das 21:00. Quere por en relevo a producción galega no eido audiovisual, neste caso a través de diferentes curtametraxes.
Na Galiza existen centos de criadoras e criadores que carecen de medios e espazos para a difusión da súa obra. Ao mesmo tempo tirán ao lixo miles de millóns de euros en proxectos supostamente culturais como a Cidade da ‘’Cultura’’, espazo vacío que pretenden encher espoliando a cultura do país para encerrala nunha cidade sen vida.
Etiquetas:
cultura,
Curtametraxes
Assinar:
Postagens (Atom)