Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

Tenda

Se queres facerte co material de Aturuxo, ou doutros colectivos que temos á venda, podes mercalo no propio local, ou solicitándoo ao correo blogaturuxo@gmail.com. Bota unha ollada:


Camisola orixinal de Aturuxo

Prezo, 10 €.

Tallas: S, M, L.


Cd Aturuxa, con música da terra

Prezo: 5 €.







Chapas de Aturuxo

Prezo: 1 € as pequenas e 2 € as grandes.




Camisola de Aturuxo deseñada por Caramuxo

Prezo 12 €.

Tallas: XS, S, M, L, XL.
Libro publicado por Causa Galiza e Fenda Editora, "Dereito de autodeterminación, un potencial democrático", escrito por Henrique del Bosque Zapata, dispoñible nas dúas normativas, ILG e AGAL.

Prezo: 8 €

Libro finalista do premio Xerais, "A perspectiva dende a porta" de  de Patricia A. Janeiro, publicado por Edicións Positivas.

Prezo: 12 €.