Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

segunda-feira, 16 de julho de 2012

Día da Patria Galega no Aturuxo


Este ano o L.S Aturuxo celebra o  Día da Patria o venres 20 a partir das 20:30 da noite, cunha pequena charla sobre as orixes e a historia do Día da Patria e unha pequena cea, na que vos podedes anotar no correo do L.S Aturuxo (localsocialbarbanza@gmail.com). Sortearemos tamén varios facsimiles de publicacións históricas do nacionalismo galego como a Nosa Terra, A Fouce...



"Cando a Santa Compaña de inmortaes galegos, que acaba de pasar por diante da nosa imaxinación, se perde espesura d-unha foresta lonxana, con esa mesma imaxinación veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da nosa terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma que en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes, i en fín, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio, infundíndolle a todal-as cousas que na paisaxe se amostran o seu propio esprito, co que pode dialogar o noso corazón antigo e panteita. Elas son as que gardan e custodian, no seo da terra-nai, os legados múltiples da nosa tradición, os xerms incorruptibeis, da nosa futura hestoria, as fontes enxebres e purísimas do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o pobo, que nunca nos traicionou, a enerxía coleitiva, que nunca perece, i en fín, a espranza celta, que nunca se cansa. Esa infínda moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre.

Velahí o que eu quería dicir n-este Día de Galiza, en loubor da nosa Tradición, por riba da nosa Hestoria, a todo-los galegos que residen n-esta terra que para nós é a segunda patria. E nada máis, amigos e irmáns.

Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares."


(CASTELAO, discurso "Alba de Groria" -  Bos Aires,  25 de xullo de 1948).

Participa nas comisións de traballo


Ven polo local e apuntate a unha das comisións de traballo do L.S Aturuxo. As comisións son grupos de traballo especializados en diferentes temas, cultura, memoria histórica, meio ambiente... 
A finalidade das comisións de traballo son, por unha banda,  a divulgación e recuperación de acontecementos e personaxes históricos, a denuncia do estado dos nosos rios, montes... recuperación de xogos tradicionais, da nosa música popular... Por outra, a creación de grupos de traballo estabeis e de convivio.
Se tes interese por participar en algunha das comisións contacta con nós e comeza a traballar xa.

As comisións son as seguintes:

Comisión do local
Comisión de cultura
Comisión de memoria histórica
Comisión de medio ambiente