Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

domingo, 25 de dezembro de 2011

Roteiro Arqueolóxico pola Serra do Barbanza



O mércores día 4 de xaneiro o L.S organiza o Roteiro Arqueolóxico pola Serra do Barbanza, a saída terá lugar dende o local ás 9:30 da mañán, cunha duración aproximada de 5 horas e de dificultade moderada.

segunda-feira, 12 de dezembro de 2011

Mostra de Curtametraxes

A mostra comezará o xoves 29 de Decembro e continuará o venres 30 a partir das 21:00. Quere por en relevo a producción galega no eido audiovisual, neste caso a través de diferentes curtametraxes. 
Na Galiza existen centos de criadoras e criadores que carecen de medios e espazos para a difusión da súa obra. Ao mesmo tempo tirán ao lixo miles de millóns de euros en proxectos supostamente culturais como a Cidade da ‘’Cultura’’, espazo vacío que pretenden encher espoliando a cultura do país para encerrala nunha cidade sen vida. 

domingo, 27 de novembro de 2011

O 23 de Dezembro Partido da Selecçom Galega em Cacheiras


Mais um ano chega Dezembro sem nengumha intençom por parte do Governo da Junta da Galiza nem da Federaçom Galega de Futebol de organizar o tradicional jogo da Selecçom Galega. Mais também, mais um ano o povo resposta a este gesto de indiferença cara o nosso desporto.
Seremos nós, @s Siareir@s Galeg@s quem levemos a Galiza ao terreno de jogo, numha jornada de actividades que vai tomando continuidade ano após ano e que esperamos que se reforce com o apoio popular que a Irmandinha se merece.
A cita será o 23 de Dezembro em Cacheiras (concelho de Teu), coincidindo amais, com o XV aniversário de Siareir@s Galeg@s. Por isso depois de quinze anos de actividade sem trégua a prol das selecçons nacionais, queremos que esta jornada serva também para mostrar que o povo galego continua em luita e que seguiremos trabalhando na nossa linha os anos que faga falha. Queremos deixar claro que esta nom é umha data simbólica, se nom que é um dia de reivincaçom polos dereitos de Galiza a competir como país.

segunda-feira, 21 de novembro de 2011

Regateando as prohibicións, sabado 26 Magosto Popular


A asociación cultural Aturuxo non renuncia a facer o Magosto. Despois de que o goberno municipal do PP boirense nos impuxese o pago de unha fianza de 300 euros, privatizando de feito un espazo público e conculcando direitos tan básicos como o direito de reunión. Decidimos celebralo no IES Praia de Barraña o vindeiro sabado a partir das 17:30, invitando a todas as veciñas e veciños a participar.

sábado, 5 de novembro de 2011

O GOBERNO DO PP BOIRENSE IMPIDE MAGOSTO POPULAR.


      O goberno do PP vén de esixir a Asociación Cultural Aturuxo o pago de 300 euros “de fianza” pola realización do Magosto Popular, que a asociación leva celebrando 4 anos consecutivos na praciña anexa ao centro social de Boiro. Despois de solicitar formalmente o uso da praza no rexistro municipal, sen ter comunicación oficial, e por vías informais comunícasenos que é preciso facer o ingreso do importe citado, caso contrario, non se nos permitira o uso de dito espazo. Ao ser solicitadas explicacións pola nosa parte, desde o concello comunican que será a partir de agora a política municipal ao respecto do uso de bens comúns, pedindo unha fianza diante de calquer actividade na rúa, o cal é unha privatización de feito do espazo público. 

terça-feira, 25 de outubro de 2011

Festa Concerto en apoio ao Local Social Aturuxo







































O próximo venres dia 28 ás 22:00 dará comezo no Aturuxo a primeira festa concerto en apoio ao traballo feito polo Local Social Aturuxo durante máis de tres anos, traballo autoxestionado, dende abaixo, pola normalización da nosa lingua, da nosa cultura...


terça-feira, 18 de outubro de 2011

MAGOSTO POPULAR O VINDEIRO 5 DE NOVEMBRO

O próximo 5 de novembro, Aturuxo celebra o magosto na praza que no centro social de Boiro. A partir das 18:00 teremos degistación de castañas e chourizos asados e actividades como xogos populares e baile tradicional.

terça-feira, 20 de setembro de 2011

Presentación da novela LUME DE COBIZA, de Miguel Anxo Fernandez

Presentación da novela  LUME DE COBIZA, de Miguel Anxo Fernandez, que terá lugar o vindeiro sábado 24 de Setembro as 20.00 no local social Aturuxo (r/Principal nº118 Boiro), teremos un interesante debate arredor da produccion literaria e do mundo do cinema na Galiza, ao remate teremos uns pinchos.

quarta-feira, 13 de julho de 2011

Adiante o Soberanismo: Día da Patria 2011


Programación:

- Dia 23 (Sabado):  Desenvolverase na praza da Oliveira desde as 16.30 horas dúas mesas de debate abertas á participación. Na primeira delas, activistas de diversos centros sociais da Galiza dialogarán arredor das súas experiencias neste modelo de auto-organización. Logo, miltantes da esquerda doutros países analizarán o contexto internacional, con especial atención posta na situación nos países árabes.

- Dia 25 (Luns): A manifestación nacional convocada polo organismo soberanista arrancará ás 12:30 horas da Alameda de Compostela, e rematará nun acto político na Praza do Toral, cunha arenga e a leitura do manifesto elaborado para a campaña. Xa desde o mediodía celebrarase no Parque de Fermín Bouza Brei unha Romaría Popular, que contará ao longo da tarde con dúas sesións de discusión sobre política municipal. Na primeira delas, representantes de candidaturas soberanistas apresentadas nos concellos galegos nas pasadas eleccións municipais, porán en común as expectativas abertas desde ese momento. A posteriori, o debate trasladarase ás experiencias en política municipal noutras nacións no estado español, coa presenza das Candidatures d'Unitat Popular (CUP) e máis da Esquerda Abertzale. Nesta mesma xornada, haberá outras actividades ao longo da tarde como a presentación do libro 'Um dia na minha vida' de Bobby Sands e traducido por Patricia A. Janeiro ou 'A revolución dos camaleóns', do escritor comunista cubano Eddy E. Jiménez

segunda-feira, 27 de junho de 2011

Festas de Boiro 2011. POR UNHAS FESTAS GALEGAS E POPULARES!

Estamos a menos dunha semana doutra edición das festas de Boiro. Este ano, en especial, precisamos a colaboración de tod@s @ soci@s de aturuxo, faise indispensable o traballo colectivo para levar adiante todas as actividades que temos previstas. Hoxe (sabado) e o mercores 29 e xoves 30 o local estara aberto desde as 20hh para que poidades vir mercar o bono das tabernas.

Recordade reservar a vosa camiseta para a peña de aturuxo que tera un prezo de 5€!!


PROGRAMACION DAS FESTAS 2011:

segunda-feira, 20 de junho de 2011

Cea e debate sobre decrescimento o venres ás 8 e media

Graças à colaboraçom das companheiras e companheiros da Escola Popular Galega, traemos o debate sobre o decrescimento à comarca do Barbança.

Será na vindoura sexta feira 24 de Junho, a partir das 20h30, no local de Aturuxo. Participarám Manuel Casal Lodeiro, representando o colectivo 'Véspera de Nada', Vítor Batalháns, do Ateneu Proletário Galego, e um representante da própria EPG. Com o título 'Alternativa revolucionária ou escapismo?' analisarám-se potenciais e carências da proposta decrescentista.

Haberá umha ceia para as pessoas participantes.


quarta-feira, 1 de junho de 2011

ANÓTATE NA UNIVERSIDADE POPULAR DE VERÁN

Curso de Escultura Alternativa, impartido polo escultor Tucho Abalo

Este sábado 4 de Xuño ás 11hh dará comezo o curso de escultura alternativa impartido polo escultor Boirense Tucho Abalo, no local da asociación aturuxo. Todas persoas interesadas en participar que se presenten ás 11hh en aturuxo (r/principal nº118 Boiro) para máis informacion chamar ao: 666  278 753

   Datos do curso: 
       día de comezo: 4 de xuño
       horario: de 11hh a 13hh os sabados
       Horas minimas do curso: 10h
       Prezo: 30€

O obxectivo deste curso é o de favorecer o densenvolvemento creativo e a capacidade de elaboración dunha linguaxe escultórica alternativa, así como o de coñecer unha nova metodoloxía de traballo enmarcada na “escultura ecolóxica”.
A metodoloxía terá un carácter aberto, participativo e práctico, onde se poderá experimentar e desenvolver a creatividade individual e grupal.
A actividade principal será a de elaboración dunha obra escultórica propia partindo de materiais recollidos directamente do lixo que á nosa natureza sofre .
Partes do curso:
- Modelado en barro dun deseño individual realizado por cada alumno ou alumna.
- Execución do molde en escaiola.
- Recollida de lixo en rios e praias da nosa zona.
- Limpeza e transformación do material recollido.
- Positivado final e pulido.

Como actividade final realizarase unha exposición colectiva chea de música en directo onde cada participante contribuirá cunha obra de propia elaboración.

sexta-feira, 6 de maio de 2011

Día das Letras Galegas 2011, Lois Pereiro

Lois Pereiro, poeta e jornalista
(1958, Monforte de Lemos - 1996, A Corunha)
A imagem de Lois Pereiro é reflexo da sua atitude fronte a vida: esgaçada, crua e espida coma os seus versos. Estes elementos determinarom o mito marginal e cosmopolita que o poeta personifica. A autodestrucçom, a desolaçom, a morte, som os temas predominantes na sua poesia. Da aniquilaçom á nostalgia foi o caminho literário que andou, deixando umha pegada cada vez mais funda em leitores cada vez mais novos.
Lois Pereiro nasce em Monforte em 1958. Realiza estudos de traducçom em Madrid, cidade á que marcharia com o seu irmão Xosé Manuel com só dezassete anos. La mantem-se economicamente vertendo ao castelhano filmes e series para a televisom.

Porém em Madrid vai estar vencelhado, por amizade e por projectos comúns, ao grupo que formava com Manolo Rivas, Antón Patiño ou Xavier Seoane. Com o esforço de todos, nasceram  as publicaçons de pulo inovador, e agora já míticas, Loia ou Luces de Galiza.
Porém, os riscos assumidos na vida madrilenha de começos dos oitenta fijerom que Lois determina-se o seu regresso á Corunha, onde se mantenham os nexos com aqueles que constituíam o grupo de Madrid, e, de novo cá, viverá fundamentalmente do jornalismo. Isso sim, no eido poético participa na publicaçom colectiva De amor e desamor e integrara-se, durante 1984 e 1985, no colectivo de mesmo nome. Este feito permite que o público comece a conhecer a sua obra e a valore com comparência.

sexta-feira, 29 de abril de 2011

7 DE MAIO, ASEMBLEA XERAL. PON AO DÍA AS TÚAS COTAS


O vindeiro 7 de maio, ás 8 da tarde no noso local, teremos a próxima asemblea xeral de soci@s. É imprecindíbel que asistas e participes. É preciso que poñas ao día as túas cotas.

terça-feira, 12 de abril de 2011

NON DEIXES QUE PRIVATICEN A NOSA AUGA!

O venres 6 de maio Aturuxo organiza, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, unha charla sobre a Lei de Augas de Galiza. Infórmate como che afecta. Mobilízate. Non deixes que privaticen a nosa auga.
 

O 18 de novembro o pleno do Parlamento Galego aprobaba a Lei de Augas, que o 26 de novembro saía publicada no Diario Oficial de Galiza. Se ninguén fai nadapor impedilo antes de que esta lei entre en vigor, o ente público Augas de Galicia pasará a estar xestionado por mans privadas, e poderannos cobrar un novo imposto pola auga, a maiores do que xa pagamos polo subministro quen o temos. Así, o Goberno de Feijóo vai facer de Galiza o único país en Europa que cede a súa auga, a nosa auga, a empresas privadas.

Máis información na Fouce.

sexta-feira, 1 de abril de 2011

Olimpiadas Populares Galegas

Os días 21 e 22 de maio celebraranse en Ribadavia as primeiras Olimpiadas Populares Galegas, e dende Aturuxo, queremos formar un equipo para participarmos. Para participar é necesario ser soci@ dalgún centro social.

En qué consisten as OPG?

quinta-feira, 31 de março de 2011

Antonio Seoane, o guerrilleiro de Boiro

Antonio Seoane, guerrilleiro antifascista galego, naceu en Boiro o 13 de outubro de 1906. Á idade de 5 anos tivo que emigrar coa súa familia para Arxentina, pero isto non foi un impedimento para que este boirense de nacemento seguise estando en contacto coa realidade do seu país xa que dende moi novo mantén relación cos emigrantes que van chegando a Bos Aires dende Galiza. Intégrase na Federación de Sociedades Galegas onde entra en contacto cos fuxidos da Guerra Civil e no ano 1939 entra a militar no Partido Comunista Español co fin de loitar contra o fascismo.

Por instrucións do Partido, viaxa a diferentes zonas da península (Nafarroa, Barcelona e Madrid), onde realiza labores de propaganda e axitación e onde coñece entre outros, a Xosé Gómez Gaioso. No ano 1944 regresa a Galiza como xefe do Exercito Guerrilleiro de Galiza, no que sería o período máis activo da guerrilla, executando numerosas accións contra o réxime franquista. En 1948 é capturado pola Garda Civil, torturado vilmente durante meses e o 6 de novembro de 1948, executado por garrote vil por “actividades comunistas” no Campo da Rata (A Coruña).