Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

segunda-feira, 21 de novembro de 2011

Regateando as prohibicións, sabado 26 Magosto Popular


A asociación cultural Aturuxo non renuncia a facer o Magosto. Despois de que o goberno municipal do PP boirense nos impuxese o pago de unha fianza de 300 euros, privatizando de feito un espazo público e conculcando direitos tan básicos como o direito de reunión. Decidimos celebralo no IES Praia de Barraña o vindeiro sabado a partir das 17:30, invitando a todas as veciñas e veciños a participar.


Reiteramos que unha festa popular non pode ser negada de ningunha maneira, as boirensas e os boirenses temos dereito a festexar as nosas festas tradicionais, e o concello ten a obriga de non impedilo,nen con prohibicións, nen con imposicións, esixindo o pago de 300 euros e alegando que asi garanten o ''bo uso'' dos espazos públicos.

As asociacións culturais, deportivas, de veciños... somos entidades sen ánimo de lucro e que ao longo do ano desenrolamos centos de actividades desinteresadamente, ampliando e moitas veces superando a propia actividade cultural do concello. Por iso cremos que este tipo de medidas o único que fan e obstaculizar, e neste caso impedir, o desenrolo de calquera actividade cultural na rúa.

Non van conseguir frear o traballo do asociativismo boirense mediante censuras e impedimentos. Nós seguiremos traballando arreo pola promoción e dignificación da nosa cultura e lingua, das nosas festas e das nosas costumes.

Asamblea Xeral do Local Social Aturuxo


Um comentário:

  1. moi ben por toda a mocidade do aturuxo
    con esta xente hai q dar un peto na mesa, q se non enseguida intentan poñernos a tod@s firmes!

    ResponderExcluir