Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

Faite soci@

Se queres facerte soci@, podes baixar a folla de inscrición (Pincha aquí para descargala) e cunha cota mínima de 5 € ao mes, poderás participar de Aturuxo.

Debes baixar o arquivo, cubrir todos os datos a excepción do nº de soci@, asinala e facérnola chegar ao noso local.

Para calquera dúbida, podes escribir ao correo blogaturuxo@gmail.com