Este sábado 4 de Xuño ás 11hh dará comezo o curso de escultura alternativa impartido polo escultor Boirense Tucho Abalo, no local da asociación aturuxo. Todas persoas interesadas en participar que se presenten ás 11hh en aturuxo (r/principal nº118 Boiro) para máis informacion chamar ao: 666 278 753
Datos do curso:
día de comezo: 4 de xuño
horario: de 11hh a 13hh os sabados
Horas minimas do curso: 10h
Prezo: 30€
O obxectivo deste curso é o de favorecer o densenvolvemento creativo e a capacidade de elaboración dunha linguaxe escultórica alternativa, así como o de coñecer unha nova metodoloxía de traballo enmarcada na “escultura ecolóxica”.
A metodoloxía terá un carácter aberto, participativo e práctico, onde se poderá experimentar e desenvolver a creatividade individual e grupal.
A actividade principal será a de elaboración dunha obra escultórica propia partindo de materiais recollidos directamente do lixo que á nosa natureza sofre .
Partes do curso:
- Modelado en barro dun deseño individual realizado por cada alumno ou alumna.
- Execución do molde en escaiola.
- Recollida de lixo en rios e praias da nosa zona.
- Limpeza e transformación do material recollido.
- Positivado final e pulido.
Como actividade final realizarase unha exposición colectiva chea de música en directo onde cada participante contribuirá cunha obra de propia elaboración.

Nenhum comentário:
Postar um comentário