Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

segunda-feira, 27 de junho de 2011

Festas de Boiro 2011. POR UNHAS FESTAS GALEGAS E POPULARES!

Estamos a menos dunha semana doutra edición das festas de Boiro. Este ano, en especial, precisamos a colaboración de tod@s @ soci@s de aturuxo, faise indispensable o traballo colectivo para levar adiante todas as actividades que temos previstas. Hoxe (sabado) e o mercores 29 e xoves 30 o local estara aberto desde as 20hh para que poidades vir mercar o bono das tabernas.

Recordade reservar a vosa camiseta para a peña de aturuxo que tera un prezo de 5€!!


PROGRAMACION DAS FESTAS 2011:

Venres 1 de Xullo:desde as 22h imos de tabernas con TROPICO DE GRELOS + ALGHARABIA, saida desde a a rua peonil á altura do Marcado de Abastos, esta a vende en aturuxo un bono de 10€ que dá dereito a 9 consumicións (cervexa/refresco)

Sábado 2 de Xullo:desde as 23hh concerto en aturuxo con: Chotokoeu e La Akustikasesina en aturuxo!

Domingo 3 de Xullo:desde ás 20hh na Mostra das Culturas (Parque da Cachada): La kinky Beat
desde as 00hh en Aturuxo: Little Jump Band e Ataque Escampe (presentando o novo disco)

Luns 4 de Xullo:dias das peñas, apuntate á peña de aturuxo! (5€ para cubrir os gastos da camisola!!) Lema da camisola: Por unhas festas galegas e populares! Apuntate a nosa peña na barra de aturuxo!

Martes 5 de Xullo:foliada + churrascada/mexilloada en aturuxo, trae o teu instrumento! Alegraranos a noite @s fenomenos de Algharabia e as Xoaninhas!

Mercores 6 de Xullo:
desde as 23hh fin de festas en aturuxo, con ESQUIOS + actuación sorpresa!

PASADE A VISITARNOS POLO NOSO POSTO/BARRA NA MOSTRA DAS CULTURAS!
POR UN FESTAS GALEGAS E POPULARES!!!

Um comentário:

  1. Tempos duros. Moito ánimo e Adiante!

    http://boiroberra.blogaliza.org/

    ResponderExcluir