A mostra comezará o xoves 29 de Decembro e continuará o venres 30 a partir das 21:00. Quere por en relevo a producción galega no eido audiovisual, neste caso a través de diferentes curtametraxes.
Na Galiza existen centos de criadoras e criadores que carecen de medios e espazos para a difusión da súa obra. Ao mesmo tempo tirán ao lixo miles de millóns de euros en proxectos supostamente culturais como a Cidade da ‘’Cultura’’, espazo vacío que pretenden encher espoliando a cultura do país para encerrala nunha cidade sen vida.
Con esta Mostra de Curtametraxes queremos por o noso gran de area facilitanto un espazo onde poder desfrutar do noso audiovisual, que é moito e de moi boa calidade.
- O Cheque - Dirección de Estevo Silva (Dur. 25 min Ano 2008)
- Es hora - Dirección de Toño Chouza voz en off Carolina Villafruela, fotografía Gema Briones, música Ethan Roses. Selección finalista Notodofilmfest. (Dur. 4 min Ano 2010)
- A consulta do Doutor Natalio - Javi Camino, proxectada fóra de concurso no Curtocircuíto (Santiago de Compostela 2004). Seleccionada nos Festivais de Sitges 2004 (sec. Brigadoon), no Festival Horror Independent Horror Fiesta (Barsowia, Polonia 2004) e no Festival Fusiónica 6.0 (Vallés Oriental, Barcelona 2004). Finalista no Festival CineCulpable 2004 (Castellón). (Dur.12 min. Ano 2004)
- Bird Boy - Unha curtametraxe de animación dirirido por Alberto Vázquez e Pedro Rivero.Baseado en "Psiconautas", unha banda deseñada de Alberto Vázquez. (Dur. 12 min Ano 2010)
- Instalación -Unha curtametraxe de Canle 4 (Ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do CIFP A Farixa) con dirección de José Díaz e guión de Jacobo Paz, José Díaz e Antón Coucheiro (Dur.14min. Ano 2010)

+ Curtametraxes por confirmar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário