Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

terça-feira, 25 de outubro de 2011

Festa Concerto en apoio ao Local Social Aturuxo







































O próximo venres dia 28 ás 22:00 dará comezo no Aturuxo a primeira festa concerto en apoio ao traballo feito polo Local Social Aturuxo durante máis de tres anos, traballo autoxestionado, dende abaixo, pola normalización da nosa lingua, da nosa cultura...




Um proxecto que non sería posíbel levar adiante sen a axuda desinteresada por parte de ducias de rapazas e rapazes ( e non tan novos) do concello e a comarca.

As bandas que nos acampañaran esa noite son todas do concello, facendo posíbel esta festa concerto.

Agoraphobia
The Feeling Band
The Little Jump Band

Que non falte ninguén!

Nenhum comentário:

Postar um comentário