O sábado 11 de janeiro
o Local Social Aturuxo rende homenagem a A.D.R Castelao polo seu LXIV
Cabodado, um dia de celebraçom para recuperar a nossa
dignidade colectiva e a nossa memoria histórica, um dia de loita.
Local Social Aturuxo
- Aturuxo
- Barbança, Galiza
- A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.
terça-feira, 7 de janeiro de 2014
sexta-feira, 1 de novembro de 2013
terça-feira, 29 de outubro de 2013
Noite de Defuntos no LS Aturuxo
A próxima sexta-feira (venres) 1 de novembro o L.S Aturuxo organiza a sua particular Noite de Defuntos ou Samaín a partir das 21:00. O Samaín foi habitualmente descrita como umha comunhom com os espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro,
teriam autorizaçom para caminhar entre os vivos. Abriam-se as portas
entre este mundo e o além, dando-lhe à gente a possibilidade de reunir-se com os
seus antepassados mortos.
Etiquetas:
actividades,
cultura
segunda-feira, 30 de setembro de 2013
Actividades para o mes de outubro
Roteiro micolóxico, sábado 26 de outubro:
Saímos ás 10:30 do local ata a localización escollida, a difilcutade do terreo é baixa, ainda así é preferíbel levar o calzado e a roupa axeitada para o monte ou montaña (abaixo recomendacións). Precisaremos dunha navalla e dunha cesta (se é posíbel).
A degustación e o prezo da mesma vai depender dos cogumelos que apanhemos.
Etiquetas:
actividades,
cine,
cultura
quinta-feira, 20 de junho de 2013
Festas de Boiro 2013!
Outro
ano mais o L.S Aturuxo quer reivindicar umhas festas galegas e
populares. Cremos que é preciso, mais que nunca, a necessidade dumhas
festas realmente populares, onde a participaçom da vizinhança seja um
eixo fundamental e deixem de ser simples espectadores. Reivindicamos
também que as festas sejam em galego, que a nossa música e cultura estivessem
presentes e que sejam outra das protagonistas. Nom se podem entender
umhas festas populares sem estes dous elementos: a participaçom da vizinhança
e a presença dos elementos culturais que nos definem como povo,
porque na festa também se fai Pais.
Etiquetas:
actividades,
festa,
festas de boiro
quarta-feira, 19 de junho de 2013
Sardinhada e música galega
A próxima sexta-feira dia 21 de junho, o L.S Aturuxo organiza umha sardinhada amenizada com música galega. A festa dará começo às 21:00, à que tod@s estades invitados. Se queres degustar as melhores sardinhas da ria e dar-lhe a bem-vida ao verao passa-te polo local social e desfruta.
Etiquetas:
actividades,
festa
terça-feira, 11 de junho de 2013
Palestra informativa e ceia solidaria
O L.S Aturuxo soma-se às onze comarcas que em todo o pais já celebrarom assembleias informativas abertas para informar do juízo, que o próximo 24 de junho começa na Audiência Nacional, contra quatro militantes independentistas, Maria Osório, Antom Santos, Eduardo Vigo e Roberto Rodrigues.
- Às 20:00: Palestra informativa sobre a criminalizaçom do independentismo e o juízo do 24 e 25 de junho a quatro independentistas na Audiência Nacional.
- Às 22:00 ceia solidária
A nossa solidariedade e imparável!
Etiquetas:
charla,
independentismo,
repressom,
solidariedade
quinta-feira, 9 de maio de 2013
Día das Letras Galegas no LS Aturuxo
Letras Galegas no Local Social Aturuxo
Obradoiro de poesía,recital, teatro, proxeccións...
17 de maio a partir das 19:00
Obradoiro de poesía,recital, teatro, proxeccións...
17 de maio a partir das 19:00
Etiquetas:
actividades,
cultura,
Letras Galegas,
lingua,
literatura,
poesía
Noite de documentários
Noite de documentários no Aturuxo, sexta-feira 10 de maio às 21:30.
A ilha das flores, Jorge Furtado (Brasil 1989 13’ VO)
A doutrina do choque, M. Whitercross e M. Winterbottom (England 2009 80’ VOSG)
Etiquetas:
actividades,
cultura,
documentários
domingo, 10 de março de 2013
V Aniversario: 5 anos abaixo e á esquerda

V Aniversario: 5 anos abaixo e á esquerda
Escoitaron? É o son do seu mundo desmoronándose.
É o son do noso rexurdindo.
Subcomandante Marcos, EZLN
Moitas cousas mudaron dende que o Local Social Aturuxo abreu a súas portas, alá polo ano 2008. Fai cinco anos comezamos unha carreira de fondo, a xestión dun espazo onde a cultura galega fose o eixo principal. A súa defensa, divulgación e normalización non son tarefa doada cando todo o que nos rodea está sometido a un marco legal e simbólico feito polos de arriba e para os de arriba. Para eles a nosa identidade e cultura e prescindíbel, molesta.
Nós, @s de abaixo é a esquerda, abrimos un espazo autoxestionado porque criamos da súa necesidade, cinco anos despois reafirmámonos. Intervir, construindo -paso a paso- os piares dunha Galiza digna, orgullosa de si mesma e independente.
Precisamos alternativas que nos permitan avanzar cara un horizonte de liberdade e xustiza, por iso seguiremos xestionando un espazo libre, para tod@s nós. Un espazo que nos permita expresarnos libremente e criar cultura popular -tan importante- para Boiro, a nosa comarca e o país.
Queremos festexar este V Aniversario con tod@s vós -como o viñemos facendo todos estos anos- porque sodes unha parte fundamental deste proxecto. Tamén queremos invitarvos a participar activamente no LS Aturuxo, as portas están abertas. Son tempos difíciles, mais de loita e esperanza.
Viva a cultura galega!
Viva a o LS Aturuxo!
10,100, 1000 centros sociais!
Etiquetas:
actividades,
aniversario,
festa,
xantar
sábado, 2 de fevereiro de 2013
Entroido no LS Aturuxo
O sabado 9 de febreiro a partir das 22:30 ,no LS Aturuxo, dará comezo a gran Festa Choqueira do entroido 2013. Teremos varias sorpresas ao longo da noite e para @ mellor choqueir@ un lote de material do Aturuxo.
Por unhas festas galegas e populares!
Viva o entroido!
Etiquetas:
actividades,
entroido,
festa
terça-feira, 11 de dezembro de 2012
Xantar tradicional de inverno
.
O L.S Aturuxo organiza un xantar tradicional para darlle a benvida o inverno e o Apalpador (a partir desta fin de semana teremos bonecos do Apalpador á venda no local), con productos típicos desta estación. O xantar comezara ás 14:00, no L.S Aturuxo. O prezo do xantar é de 10€. Agardamos a túa presenza!
O L.S Aturuxo organiza un xantar tradicional para darlle a benvida o inverno e o Apalpador (a partir desta fin de semana teremos bonecos do Apalpador á venda no local), con productos típicos desta estación. O xantar comezara ás 14:00, no L.S Aturuxo. O prezo do xantar é de 10€. Agardamos a túa presenza!
Importante!!! O xantar adiase ata novo aviso, pedimos desculpas a aquelas persoas que se anotaron e van ter que agardar para degustar un bo cocido. Nos próximos días publicaremos a nova data. Prometemos facer o mellor
cocido do pais para toda a xente que se anime a compartilo con nós.
Etiquetas:
actividades,
Apalpador,
festa,
xantar
sexta-feira, 16 de novembro de 2012
29 de dezembro em Ponte Vedra: Galiza – Kurdistám
Siareir@s Galeg@s / Mais um ano a Xunta em maos do PP segue sem convocar o partido amigável de nadal da Selecçom Galega de futebol e, mais um ano, desde Siareir@sGaleg@s volvemos tomar a iniciativa de suplir este desleixo para com o nosso desporto organizando as jornadas de dezembro. Mas este dia festivo e também de luita nom pretende simplesmente suplir o insuficiente jogo amigável que a nossa selecçom vinha jogando umha vez ao ano, senom que reivindica o nosso primeiro objectivo: a total oficialidade das nossas selecçons desportivas, em pé de igualdade com a de qualquer outro país do mundo. De aí a legenda escolhida este ano:Duas naçons, um objectivo: oficialidade! Este ano as jornadas desenvolverám-se em Ponte Vedra, no entorno da Junqueira.
Como cada ano, aproveitamos a liberdade que nos dá nom depender das instituiçons para elegir um companheiro de jogo que nos dea a oportunidade de solidarizarmo-nos com a sua causa, que é a mesma que a nossa. Este ano o partido jogarase contra a selecçom oficial do Kurdistám, umha naçom também negada e que sofre diariamente a repressom de quatro estados diferentes, nomeadamente do turco. Com este rival, desde Siareir@sGaleg@s queremos dar-lhe voz ao povo kurdo e estreitar os laços de irmandade entre os nossos países.
Com a forte crise sistémica que padecemos, com as vontades do povo catalám e basco superando os límites da Carta Outorgada do 78 e a autonomía galega morta por inaniçom, o Estado das Autonomías nascido da segunda transiçom bourbónica está chamado a desaparecer. Desde as forças centralistas espanholas sabe-no bem, e nos últimos tempos o desporto foi utilizado como umha das suas principais armas para manter essa suposta “unidade” e “sentimento nacional espanhol”.
Com os mass media do reino trabalhando arreo em dar-lhe publicidade aos êxitos desportivos de La Roja, às vezes semelha que os galegos nom existimos. Semelha que toda essa gente que se indignou quando as ruas se tinguiam da cor do sangue mentres desde Moncloa se preparava umha reforma laboral nom tenhem voz. As galeguinhas ficavamos caladas.
Mas nom é certo. Somos muitas as galegas que exercemos a nossa identidade no dia a dia, também no ámbito desportivo, e este 29 de dezembro teremos umha oportunidade de amosar a nossa indignaçom na manifestaçom nacional que percorrerá as ruas de Ponte Vedra antes do partido. Mas também temos oportunidade de desfrutar e trabalhar em positivo com o partido Galiza – Kurdistám. Ou com o clássico aberto de bilharda. Ou a demostraçom de futebol gaélico, esse desporto celta que está arrasando no nosso país. Ou escuitando a nossa música e a doutros países com os concertos de Cé orquestra pantasma, Rebeliom do Inframundo, Arenga, Falperrys e Berri Txarrak.
Etiquetas:
deporte,
independentismo,
Selecçom Galega
quarta-feira, 14 de novembro de 2012
Magosto Popular no L.S Aturuxo
O sábado 24 de novembro celebramos o noso Magosto Popular no Local Social Aturuxo. A partir das 20:00 teremos degustación de castanhas, chourizos asados e a mellor música galega.
Etiquetas:
actividades,
cultura,
magosto
segunda-feira, 29 de outubro de 2012
DIA DE DEFUNTOS NO ATURUXO
O próximo venres 2 de novembro o L.S Aturuxo organiza o seu particular Dia de Defuntos ou Samaín a partir das 21:00. O Samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
Etiquetas:
actividades,
cultura
domingo, 14 de outubro de 2012
Roteiro pola serra do Barbanza: Vitres
O sabado día 27 de outubro o L.S Aturuxo organiza un Roteiro pola serra do Barbanza, ata o Castelo de Vitres, perto da aldea de Mosquete, a saída terá lugar dende o local ás 10:00 da mañán, cunha duración aproximada de 4 horas e de dificultade moderada.
Este é o segundo roteiro que organiza a comisión de medio ambiente, o que supón a continuación de accións de denuncia, preservación e promoción de espazos naturais do noso concello e comarca.
Etiquetas:
actividades,
comisións de traballo,
deporte,
roteiro
terça-feira, 18 de setembro de 2012
29 de setembro: Campionato de bolos celtas
O sábado 29 de setembro a partir das 12:00, o Local Social Aturuxo con a colaboración da Asociación de Bolos de Triñáns, organiza unha xornada de convívio e de desfrute dos nosos deportes e xogos tradicionais.
A partir das 12:00: Música ao vivo coa actuación dunha banda de gaitas e xogos tradicionais
Ás 14:00: Xantar popular
A partir das 16:30: Campionato de bolos celtas e xogos tradicionais
Etiquetas:
actividades,
cultura,
deporte
sexta-feira, 7 de setembro de 2012
Recuperar o rural para defender a Terra: Acampamento de montanha 2012
Mais um ano AMAL celebra o seu tradicional acampamento de montanha, desta volta na serra da Martinhá os dias 21, 22 e 23 de setembro, dende o Local Social Aturuxo queremos animar a todas e todos a participar no que vai ser um fim de semana de convívio, formaçom e de conhecimento do nosso pais.
Lugar: Freás de Canda (Concelho de Pinhor). Comarca do Carbalhinho.
Data: O fim de semana do 21, 22 e 23 de setembro de 2012.
Lugar: Freás de Canda (Concelho de Pinhor). Comarca do Carbalhinho.
Data: O fim de semana do 21, 22 e 23 de setembro de 2012.
Etiquetas:
actividades
quinta-feira, 2 de agosto de 2012
Roteiro polo río Beluso
O venres día 17 de agosto o L.S Aturuxo organiza un Roteiro polas ribeiras do río Beluso, a saída terá lugar dende o local ás 10:00 da mañán, cunha duración aproximada de 4 horas e de dificultade moderada-baixa.
Durante o percurso do roteiro limparemos aquelas zonas do río que o precisen (levaremos material para limpeza) e aproveitaremos para marcar e limpar os tramos do roteiro que precisen sinalización ou limpeza. Con este roteiro a comisión de medio ambiente ponse en andamento, no que será a súa primeira acción de denuncia, preservación e promoción dun espazo natural no noso concello e comarca.
Etiquetas:
actividades,
deporte
segunda-feira, 16 de julho de 2012
Día da Patria Galega no Aturuxo
Este ano o L.S Aturuxo celebra o Día da Patria o venres 20 a partir das 20:30 da noite, cunha pequena charla sobre as orixes e a historia do Día da Patria e unha pequena cea, na que vos podedes anotar no correo do L.S Aturuxo (localsocialbarbanza@gmail.com). Sortearemos tamén varios facsimiles de publicacións históricas do nacionalismo galego como a Nosa Terra, A Fouce...
"Cando a Santa Compaña de inmortaes galegos, que acaba de pasar por diante da nosa imaxinación, se perde espesura d-unha foresta lonxana, con esa mesma imaxinación veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da nosa terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma que en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes, i en fín, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio, infundíndolle a todal-as cousas que na paisaxe se amostran o seu propio esprito, co que pode dialogar o noso corazón antigo e panteita. Elas son as que gardan e custodian, no seo da terra-nai, os legados múltiples da nosa tradición, os xerms incorruptibeis, da nosa futura hestoria, as fontes enxebres e purísimas do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o pobo, que nunca nos traicionou, a enerxía coleitiva, que nunca perece, i en fín, a espranza celta, que nunca se cansa. Esa infínda moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre.
Velahí o que eu quería dicir n-este Día de Galiza, en loubor da nosa Tradición, por riba da nosa Hestoria, a todo-los galegos que residen n-esta terra que para nós é a segunda patria. E nada máis, amigos e irmáns.
Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares."
Velahí o que eu quería dicir n-este Día de Galiza, en loubor da nosa Tradición, por riba da nosa Hestoria, a todo-los galegos que residen n-esta terra que para nós é a segunda patria. E nada máis, amigos e irmáns.
Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares."
(CASTELAO, discurso "Alba de Groria" - Bos Aires, 25 de xullo de 1948).
Etiquetas:
actividades,
autodeterminación,
cea,
charla,
cultura,
Dia da Patria
Assinar:
Postagens (Atom)


















