Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

quarta-feira, 14 de novembro de 2012

Magosto Popular no L.S Aturuxo


O sábado 24 de novembro celebramos o noso Magosto Popular no Local Social Aturuxo. A partir das 20:00 teremos degustación de castanhas, chourizos asados e a mellor música galega.

segunda-feira, 29 de outubro de 2012

DIA DE DEFUNTOS NO ATURUXO




O próximo venres 2 de novembro o L.S Aturuxo organiza o seu particular Dia de Defuntos ou Samaín a partir das 21:00. O Samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

domingo, 14 de outubro de 2012

Roteiro pola serra do Barbanza: Vitres



O sabado día 27 de outubro o L.S Aturuxo organiza un Roteiro pola serra do Barbanza, ata o Castelo de Vitres, perto da aldea de Mosquete, a saída terá lugar dende o local ás 10:00 da mañán, cunha duración aproximada de 4 horas e de dificultade moderada.

Este é o segundo roteiro que organiza a comisión de medio ambiente, o que supón a continuación de accións de denuncia, preservación e promoción de espazos naturais do noso concello e comarca.

terça-feira, 18 de setembro de 2012

29 de setembro: Campionato de bolos celtas


O sábado 29 de setembro a partir das 12:00, o Local Social Aturuxo con a colaboración da Asociación de Bolos de Triñáns, organiza unha xornada de convívio e de desfrute dos nosos deportes e xogos tradicionais.

A partir das 12:00: Música ao vivo coa actuación dunha banda de gaitas e xogos tradicionais

Ás 14:00: Xantar popular

A partir das 16:30: Campionato de bolos celtas e xogos tradicionais 


sexta-feira, 7 de setembro de 2012

Recuperar o rural para defender a Terra: Acampamento de montanha 2012

Mais um ano AMAL celebra o seu tradicional acampamento de montanha, desta volta na serra da Martinhá os dias  21, 22 e 23 de setembro, dende o Local Social Aturuxo queremos animar a todas e todos a participar no que vai ser um fim de semana de convívio, formaçom e de conhecimento do nosso pais.


Lugar: Freás de Canda (Concelho de Pinhor). Comarca do Carbalhinho.
Data: O fim de semana do 21, 22 e 23 de setembro de 2012.