Local Social Aturuxo
- Aturuxo
- Barbança, Galiza
- A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.
quinta-feira, 9 de maio de 2013
Noite de documentários
Noite de documentários no Aturuxo, sexta-feira 10 de maio às 21:30.
A ilha das flores, Jorge Furtado (Brasil 1989 13’ VO)
A doutrina do choque, M. Whitercross e M. Winterbottom (England 2009 80’ VOSG)
Etiquetas:
actividades,
cultura,
documentários
domingo, 10 de março de 2013
V Aniversario: 5 anos abaixo e á esquerda

V Aniversario: 5 anos abaixo e á esquerda
Escoitaron? É o son do seu mundo desmoronándose.
É o son do noso rexurdindo.
Subcomandante Marcos, EZLN
Moitas cousas mudaron dende que o Local Social Aturuxo abreu a súas portas, alá polo ano 2008. Fai cinco anos comezamos unha carreira de fondo, a xestión dun espazo onde a cultura galega fose o eixo principal. A súa defensa, divulgación e normalización non son tarefa doada cando todo o que nos rodea está sometido a un marco legal e simbólico feito polos de arriba e para os de arriba. Para eles a nosa identidade e cultura e prescindíbel, molesta.
Nós, @s de abaixo é a esquerda, abrimos un espazo autoxestionado porque criamos da súa necesidade, cinco anos despois reafirmámonos. Intervir, construindo -paso a paso- os piares dunha Galiza digna, orgullosa de si mesma e independente.
Precisamos alternativas que nos permitan avanzar cara un horizonte de liberdade e xustiza, por iso seguiremos xestionando un espazo libre, para tod@s nós. Un espazo que nos permita expresarnos libremente e criar cultura popular -tan importante- para Boiro, a nosa comarca e o país.
Queremos festexar este V Aniversario con tod@s vós -como o viñemos facendo todos estos anos- porque sodes unha parte fundamental deste proxecto. Tamén queremos invitarvos a participar activamente no LS Aturuxo, as portas están abertas. Son tempos difíciles, mais de loita e esperanza.
Viva a cultura galega!
Viva a o LS Aturuxo!
10,100, 1000 centros sociais!
Etiquetas:
actividades,
aniversario,
festa,
xantar
sábado, 2 de fevereiro de 2013
Entroido no LS Aturuxo
O sabado 9 de febreiro a partir das 22:30 ,no LS Aturuxo, dará comezo a gran Festa Choqueira do entroido 2013. Teremos varias sorpresas ao longo da noite e para @ mellor choqueir@ un lote de material do Aturuxo.
Por unhas festas galegas e populares!
Viva o entroido!
Etiquetas:
actividades,
entroido,
festa
terça-feira, 11 de dezembro de 2012
Xantar tradicional de inverno
.
O L.S Aturuxo organiza un xantar tradicional para darlle a benvida o inverno e o Apalpador (a partir desta fin de semana teremos bonecos do Apalpador á venda no local), con productos típicos desta estación. O xantar comezara ás 14:00, no L.S Aturuxo. O prezo do xantar é de 10€. Agardamos a túa presenza!
O L.S Aturuxo organiza un xantar tradicional para darlle a benvida o inverno e o Apalpador (a partir desta fin de semana teremos bonecos do Apalpador á venda no local), con productos típicos desta estación. O xantar comezara ás 14:00, no L.S Aturuxo. O prezo do xantar é de 10€. Agardamos a túa presenza!
Importante!!! O xantar adiase ata novo aviso, pedimos desculpas a aquelas persoas que se anotaron e van ter que agardar para degustar un bo cocido. Nos próximos días publicaremos a nova data. Prometemos facer o mellor
cocido do pais para toda a xente que se anime a compartilo con nós.
Etiquetas:
actividades,
Apalpador,
festa,
xantar
sexta-feira, 16 de novembro de 2012
29 de dezembro em Ponte Vedra: Galiza – Kurdistám
Siareir@s Galeg@s / Mais um ano a Xunta em maos do PP segue sem convocar o partido amigável de nadal da Selecçom Galega de futebol e, mais um ano, desde Siareir@sGaleg@s volvemos tomar a iniciativa de suplir este desleixo para com o nosso desporto organizando as jornadas de dezembro. Mas este dia festivo e também de luita nom pretende simplesmente suplir o insuficiente jogo amigável que a nossa selecçom vinha jogando umha vez ao ano, senom que reivindica o nosso primeiro objectivo: a total oficialidade das nossas selecçons desportivas, em pé de igualdade com a de qualquer outro país do mundo. De aí a legenda escolhida este ano:Duas naçons, um objectivo: oficialidade! Este ano as jornadas desenvolverám-se em Ponte Vedra, no entorno da Junqueira.
Como cada ano, aproveitamos a liberdade que nos dá nom depender das instituiçons para elegir um companheiro de jogo que nos dea a oportunidade de solidarizarmo-nos com a sua causa, que é a mesma que a nossa. Este ano o partido jogarase contra a selecçom oficial do Kurdistám, umha naçom também negada e que sofre diariamente a repressom de quatro estados diferentes, nomeadamente do turco. Com este rival, desde Siareir@sGaleg@s queremos dar-lhe voz ao povo kurdo e estreitar os laços de irmandade entre os nossos países.
Com a forte crise sistémica que padecemos, com as vontades do povo catalám e basco superando os límites da Carta Outorgada do 78 e a autonomía galega morta por inaniçom, o Estado das Autonomías nascido da segunda transiçom bourbónica está chamado a desaparecer. Desde as forças centralistas espanholas sabe-no bem, e nos últimos tempos o desporto foi utilizado como umha das suas principais armas para manter essa suposta “unidade” e “sentimento nacional espanhol”.
Com os mass media do reino trabalhando arreo em dar-lhe publicidade aos êxitos desportivos de La Roja, às vezes semelha que os galegos nom existimos. Semelha que toda essa gente que se indignou quando as ruas se tinguiam da cor do sangue mentres desde Moncloa se preparava umha reforma laboral nom tenhem voz. As galeguinhas ficavamos caladas.
Mas nom é certo. Somos muitas as galegas que exercemos a nossa identidade no dia a dia, também no ámbito desportivo, e este 29 de dezembro teremos umha oportunidade de amosar a nossa indignaçom na manifestaçom nacional que percorrerá as ruas de Ponte Vedra antes do partido. Mas também temos oportunidade de desfrutar e trabalhar em positivo com o partido Galiza – Kurdistám. Ou com o clássico aberto de bilharda. Ou a demostraçom de futebol gaélico, esse desporto celta que está arrasando no nosso país. Ou escuitando a nossa música e a doutros países com os concertos de Cé orquestra pantasma, Rebeliom do Inframundo, Arenga, Falperrys e Berri Txarrak.
Etiquetas:
deporte,
independentismo,
Selecçom Galega
Assinar:
Postagens (Atom)



