Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

segunda-feira, 29 de outubro de 2012

DIA DE DEFUNTOS NO ATURUXO




O próximo venres 2 de novembro o L.S Aturuxo organiza o seu particular Dia de Defuntos ou Samaín a partir das 21:00. O Samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.



A actividade central é a elaboración dunha queimada. Arredor do lume da queimada invitamos a todo o mundo a que nos acompañe e narre - a poder ser- algunha das moitas lendas ou contos, propios destas datas, que forman parte da nosa tradición oral e escrita.

Animamos tamén a toda a xente a colaborar coa decoración do local traendo algunha cabaza -froito icónico do outono-  preparada para a ocasión, das vosas casas.   

Nenhum comentário:

Postar um comentário