Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

domingo, 10 de março de 2013

V Aniversario: 5 anos abaixo e á esquerda



V Aniversario: 5 anos abaixo e á esquerda


Escoitaron? É o son do seu mundo desmoronándose.
É o son do noso rexurdindo.

Subcomandante Marcos, EZLN
          



Moitas cousas mudaron dende que o Local Social Aturuxo abreu a súas portas, alá polo ano 2008. Fai cinco anos comezamos unha carreira de fondo, a xestión dun espazo onde a cultura galega fose o eixo principal. A súa defensa, divulgación e normalización non son tarefa doada cando todo o que nos rodea está sometido a un marco legal e simbólico  feito polos de arriba e para os de arriba. Para eles a nosa identidade e cultura e prescindíbel, molesta.

Nós, @s de abaixo é a esquerda, abrimos un espazo autoxestionado porque criamos da súa necesidade, cinco anos despois reafirmámonos. Intervir, construindo -paso a paso- os piares dunha Galiza digna, orgullosa de si mesma e independente.

Precisamos alternativas que nos permitan avanzar cara un horizonte de liberdade e xustiza, por iso seguiremos xestionando un espazo libre, para tod@s nós. Un espazo que nos permita expresarnos libremente e criar cultura popular -tan importante- para Boiro, a nosa comarca e o país.

Queremos festexar este V Aniversario con tod@s vós -como o viñemos facendo todos estos anos- porque sodes unha parte fundamental deste proxecto. Tamén queremos invitarvos a participar activamente no LS Aturuxo, as portas están abertas. Son tempos difíciles, mais de loita e esperanza.

Viva a cultura galega!
 
Viva a o LS Aturuxo!
 
10,100, 1000 centros sociais!




Programación*

Venres 22 de marzo:

20:00h : Mesa redonda sobre o asociativismo cultural na comarca coa participación de AntrosPinos, Altofalante e Flor de Toxo

22:00h : Petiscos de balde e música rebelde 

Sábado 23 de marzo:
  
14:30h : Xantar Popular (Churrasco e patacas, vinho e postre)

18:30h : Baile tradicional galego*, na Praza de Galiza (concelho)

22:00h : Foliada ‘‘galaico-irlandesa’’

*a programación pode sufrir algunha modificación de útima de hora
*pendente de confirmación





Um comentário: