Coa colaboración das compañeiras e dos compañeiros da Escola Popular Galega, dedicaremos a tarde do sabado 14 de Abril a estudar a historia do independentismo galego. A área de historia da EPG prepara un pequeno seminario que repasará os feitos e procesos mais relevantes da historia do independentismo galego, destacando datos e feitos que por circunstancias diversas estiveron ocultas para o propio movemento, nalgúns casos, e para a opinión pública en xeral.
O curso comezará ás 17h30 da tarde no proprio Local Social, e será ministrada por un membro da Escola, que disponibilizará os materiais elaborados sobre este tema.
Para anotarse enviar correo electrónico a localsocialbarbanza@gmail.com ou no local social Aturuxo (r/principal nº118)
Nenhum comentário:
Postar um comentário