Local Social Aturuxo

Barbança, Galiza
A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.

domingo, 11 de março de 2012

A muller na ciencia, Venres 16 de Marzo



Que participación tiveron as mulleres na construción da ciencia ao longo da historia?

Se lle preguntásemos as nosas veciñas e veciños, amigas ou familiares que cren que fixeron as mulleres na ciencia, probablemente a maioría contestaríanos que cren que fixeron pouco ou nada.

Por que a maioría das persoas teñen esta idea e non a contraria ou outra distinta? En que se basean?




Talvez teñan esta opinión porque nunca ouviron falar de mulleres científicas, nin na escola, nin nos libros de texto. Mais, é posible que tamén existan outras razóns polas que colectivamente pensamos que as mulleres son menos capaces que os homes para realizar tarefas científicas?

Por outra banda, a ciencia non foi sempre igual. Non foi sempre como a coñecemos agora, evolucionou moito desde a antigüidade até o momento actual.

Ter unha idea clara do que consideramos ciencia e científico non resulta unha tarefa fácil. Actualmente a ciencia entendémola como un conxunto de saberes, de coñecementos, de leis e de teorías que nos permiten coñecer e comprender o medio que nos rodea.

Pero non sempre foi así. Na Antigüidade, ou na Grecia Clásica, e mesmo no Renacemento a ciencia era moi diferente á actual.

Estas e outras cuestións son as que nos vai a expoñer o vindeiro venres 16 de marzo a partir das 21:00 Antonio Colino Pérez, lincenciado en Ciencias Físicas. Actualmente imparte charlas e aulas de matemáticas e física despois  impartir aulas en varios institutos ou participar no Taller de Ciencia Arquímedes.

+info: Aquí

Nenhum comentário:

Postar um comentário