Local Social Aturuxo
- Aturuxo
- Barbança, Galiza
- A asociación Aturuxo está composta por veciñas e veciños de Boiro e da comarca que tras moito traballo conseguimos abrir un Local Social no noso concello para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e a dinamización social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo.
sexta-feira, 25 de maio de 2012
Aturuxo non se pecha: Implícate!
O Concello de Boiro, gobernado polo PP, inicia un expediente "urbanístico" coa intención de PECHAR O LOCAL SOCIAL ATURUXO. No expediente que nos remitiron concedensenos 15 días para recuperar a ''legalidade'', argumentando que fica demostrado que o local é un "cafe-concerto" polo que deberiamos dispoñer dunha licenza destas características. Este proceso represivo ven derivado das actuacións da Garda Civil e Policia Local no sábado do noso 4º aniversario e dotadas de cobertura política por parte do PP de Boiro.
Mañá, 26 de maio, convocamos unha asembleia de caracter extraordinario para as 20:00 da tarde. Nos próximos dias iremos aportando máis información, estade atent@s.
Entre tod@s podemos evitalo!
Aturuxo non se pecha!
A cultura non se pecha!
Etiquetas:
asemblea,
convocatorias,
represión
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Os marraos do pp que vaian lamberse entre eles
ResponderExcluir