As socias e socios da Asociación Cultural Aturuxo queremos expoñer o seguinte:
1º A Asociación Cultural Aturuxo é un proxecto cuxos obxectivo son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas. Organizámonos para defender, denunciar e traballar polo que nós cremos xusto, ofrecendo un espazo para a libre expresión da mocidade e da veciñanza de Boiro e da comarca.
2º A A.C. Aturuxo leva máis de cinco anos traballando arreo. Dende fai catro anos xestionamos un espazo no que se organizan ducias de actividades ao ano, mantendo unha actividade constante durante todo este tempo.
3º A A.C Aturuxo é unha entidade sen ánimo de lucro, composta por veciñas e veciños do Concello de Boiro e da comarca. Organizámonos de forma asemblearia, tódalas decisións son expostas e debatidas en asemblea, composta polas socias e socios da asociación.
4º O Local Social finánciase coas achegas das socias e socios, coa venda de material etc. O Concello de Boiro -e o resto de administracións- non colaboran con axudas de ningún tipo para manter o funcionamento do Local Social.
5º O Concello de Boiro, gobernado polo PP, ten a obriga de non obstaculizar o desenvolvemento das nosas actividades, realizadas no Local Social ou na rúa. Xá denunciamos o pasado mes de novembro, coa realización do Magosto Popular na rúa, a nula vontade do concello de que as nosas actividades se realicen con normalidade, como viñamos facendo ate o momento, ao esixirnos unha fianza de 300€.
6º A simple obstaculización non é suficiente para o goberno local do PP. O concello esixenos agora, baixo o paraugas normativo, a ‘‘reposición da legalidade urbanística’’. Ou obtemos a licenza que eles queren ou pechan o Local Social. A licenza en cuestión é a de café-concerto, imposível de obter no noso concello, ao estar restrinxidas o número de licenzas deste tipo. Fica demostrado a ignorancia do PP ao indentificar directamente cultura con ‘’cafe-concerto’’ como única posibilidade de licenza para o Local Social.
7º Denunciamos o intento de peche do Local Social Aturuxo por parte do goberno do PP local e a hipocrisía que de esta situación se desprende.
8º Esiximos ao Concello de Boiro que se retracte e deteña o que consideramos un ataque directo ao asociativismo cultural, á cultura e lingua galega. O intento de peche dun espazo cultural e autoxestionado é un desprezo evidente a tódalas persoas que traballamos gratuitamente pola nosa cultura e para toda a veciñanza de Boiro e da comarca do Barbanza. Non renunciaremos á mobilización social e á contestación na rúa como unha medida máis de presión para evitar o peche do Local Social Aturuxo.
Na Terra,
A Asemblea Xeral do Local Social Aturuxo
Firma a peticición ao Concello de Boiro: https://www.change.org/es/peticiones/aturuxo-non-se-pecha-a-cultura-non-se-pecha
Nenhum comentário:
Postar um comentário