Outro ano máis o L.S Aturuxo quere reivindicar unhas festas galegas e populares. Cremos que é preciso, máis que nunca, a necesidade dunhas festas realmente populares, onde a participación da veciñanza sexa un eixo fundamental e deixen de ser simples espectadores. Reivindicamos tamén que as festas sexan en galego, que a nosa música e cultura estén presentes e que sexan outra das protagonistas. Non se poden entender unhas festas populares sen estos dous elementos: a participación veciñal e a prensenza dos elementos culturais que nos definen como pobo, porque na festa tamén se fai Pais.
En poucos días publicaremos a programación para as festas deste ano: música ao vivo, foliadas, un xantar popular... son algunhas das actividades que o L.S Aturuxo vai levar a cabo, facendo así a nosa pequena aportación para que as nosas festas sexan verdadeiramente nosas.
Por unhas festas galegas e populares!
Nenhum comentário:
Postar um comentário