O L.S Aturuxo está atravesando unha etapa difícil. Desde fai uns meses vimos arrastrando unha situación económica bastante delicada, agrabada pola actuación da Guardia Civil e da Policia Local no noso 4º Aniversario. O Aturuxo caracterizouse dende o inicio da súa actividade por ser un local autoxestionado, formula que deu o seus froitos. A día de hoxe non temos que rendir contas a ninguén. Mais a xestión de un local social non é sempre doada, hai que facerse cargo de innumerábeis gastos. Coa irrupción no noso aniversario das ‘’forzas de seguridade’’ o local social tivo que parar a súa actividade na noite do sabado, supoñendo isto importantes perdas para o local, a maiores de algunha que outra multa.
Por se esto non fose suficiente, todo o tempo que levamos intentando que a burocracia aloxada no Concello de Boiro non consiga o seu obxectivo de pechar o local social, tamén nos pasou unha grave factura nas finanzas do Aturuxo. O local social non puido traballar con normalidade e esto provocou un desaxuste grave nas contas do colectivo.
Desde a A.C Aturuxo pedimos un esforzo a todas aquelas persoas que se sintan identificadas co noso traballo, coa defensa da nosa cultura e lingua e dos nosos intereses como pobo.
A partir de hoxe dispoñibilizamos un número de conta para facer, cada quen dentro das súas posibilidades, unha achega económica:
Aturuxo Asociación Cultural: 2080-5162-21-3040010272 (Nova Caixa Galicia)
Tamén podes colaborar mercando material do Aturuxo:
Camiseta + Cd Aturuxa: 15€
2 camisetas + 2 Cd’s: 20€
Fagamos este gran esforzo entre tod@s e ATURUXO vivirá mil primaveras máis!
Nenhum comentário:
Postar um comentário